jueves, 23 de noviembre de 2017

VISITA A ESCOLA DE TONI LÓPEZ GARCIA

Tivemos a sorte de recibir a visita de Toni López García  xornalista deportivo da Radio Galega.
  Toni acompañado de COLOMA, o seu can guía,  ensinounos moitas cousas interesantes sobre o comportamento dos cans guía.
  COLOMA  e TONI son grandes amigos e xuntos camiñan pola VIDA 


 

viernes, 10 de noviembre de 2017

O MAGOSTO

 ...recollemos, trouxemos, asamos, comemos, bailamos .......

TROULEAMOS




                        ESCOITAMOS O CONTO " XAIME E AS LANDRAS "

                          A "PROFE" BELÉN DISFRAZADA DE LANDRA









                                    

miércoles, 8 de noviembre de 2017

        O OURIZO

Co  seu ouro vello, moi
o ourizo ouriceiro
toma o sol
no bico dun castiñeiro.

Tal un señor moi mandón
no bico dun castiñeiro
o ourizón
toma o seu sol moi riseiro

o ourizo está moi ledo
coa súa casa ben pechada
- ouh, que medo...

de espiñas toda cercada

Quer botar unha risada
e os seus dentes arregaña,
case un nada
e xa fuxiu a castaña...

Manuel María 

 



O OUTONO