viernes, 31 de marzo de 2017

FESTA DO QUEIXO DE SAN SIMÓN







                                                                         Foto de Arquivo 2008


NON VOS PERDADES A ACTUACIÓN DAS "PANDEREITEIRAS  DE ANDRADE"

O SÁBADO DÍA 1 DE ABRIL POLA MAÑÁ NA FESTA DO QUEIXO DE SAN

SIMÓN.


 

CONTACONTOS

 O XOVES E O VENRES RECIBIMOS A  VISITA DE SAMUEL , VEU Á NOSA ESCOLA ACOMPAÑADO DOS SEUS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS ALBA, ARIADNA,AITANA E CESAR.



...2 de Abril

Resultado de imaxes para 2 de abril dia do autismo


Resultado de imaxes para 2 de abril dia do autismohttps://www.edu.xunta.es/webmail/imp/view.php?ajaxui=1&actionID=view_attach&id=2&uid=15183&mailbox=SU5CT1g&uniq=1490961310863

.......TIC TAC TOC

A musica con todo o seu potencial para a aprendizaxe e a transmisión afectiva das linguas, non podía faltar na actividade que FalaRedes lles dedica aos máis pequenos: un concerto para nenos e nenas de 0 a 12 anos e as súas familias, onde poderán bailar, aprender e escoitar en directo as cancións do libro-disco Tic Tac Toc, de Pablo Díaz.
Quen mellor para propoñerlles aos nenos e nenas cancións para desfrutar dunha tarde en familia e para seguir cantando no coche e na casa ca este músico gañador do premio Martín Códax na categoría de música infantil polo seu segundo traballo, Toc Toc (2013), e autor, ademais, doutras propostas de éxito, como Tic Tac (2010) e Xente miúda, moita fartura (2014).
No concerto Tic Tac Toc, Pablo Díaz -acompañado de Diego Barral (guitarras) e de Álex Fente (acordeón)- ábrese ao mundo dende a lingua galega incorporando ritmos e sentires de latitudes diversas (Brasil, Cuba, Os Estados Unidos…) sen abandonar os temas que conforman o universo próximo dos nosos nenos e nenas. Poderedes desfrutar desta actividade o vindeiro domingo 2 de abril no auditorio Carmen Estévez ás 18:30h con entrada de balde.
Espectáculo que pertence ao programa FalaRedes 2017 da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e en virtude da adhesión do Concello de Vilalba a Rede de Dinamización Lingüística de Galicia.
PÚBLICO DESTINATARIO:
IDADE: 0 – 12 anos
DURACIÓN: 50 minutos aprox.
LUGAR: Auditorio Carmen Estévez
HORA: 18:30h
Entrada de balde.