miércoles, 27 de abril de 2016

VISITA A BIBLIOTECA MUNICIPAL

             Con motivo da celebración do día do libro , fixemos unha visita ás instalacións da Biblioteca municipal.Teresa atendeunos con moito cariño e puidemos dar un paseo por toda a biblioteca. Os nenos e nenas que aínda no  eran socios  recibiron o seu carné no salón de actos, despois de ver unha representación do conto "Riciños de Ouro" feita pola compañia Trinke Trinke.



jueves, 21 de abril de 2016

CONTOS

                                 CONTOS ENCADEADOS


Hoxe tivemos a visita dun grupo de exalumnas/os, a razón deste emotivo encontro foi traer á nosa escola,  unha posta en escea de tres contos tradicionais: "Carapuchiña Vermella, Os tres cochiños e Brancaneves" deste xeito recordarnos o importante e entretido que é ler.

  

 Esta actividade programouse , tamén, con motivo da celebración do día do libro. Durante 50 minutos estivemos gozando deste bo  traballo de interpretación  que veu acompañado dunhas cancións por parte do grupo. Cancións  de inverno e de primavera, moi acaidas, para a idade do noso alumnado.  Para rematar  Alba interpretou para todos nosoutros unha fermosisima canción. Todo un luxo.

Un pequeno temtempé na Biblioteca para repoñer forzas

TODA A COMPAÑIA. ALUMNADO DE 6 DO CEIP INSUA BERMUDEZ




                                                          
ALBA CANTANDO


viernes, 15 de abril de 2016

DIA DO LIBRO

  23 DE ABRIL

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO


O día  23 de abril,  é o Día Internacional do Libro. Celébrase en honor a Miguel de Cervantes e a William Shakespeare.


Cervantes, foi o autor dun dos libros traducidos a máis idiomas: "El Quijote".                      


               COÑECE AS AVENTURAS DE DON QUIXOTE  E SANCHO PANZA