Xa estan colocadiños novamente tódolos libros nos andeis da Biblioteca. Agardan un novo curso para abrir as súas portas outra vez a tódalas nenas e nenos, a tódalas nais, a tódolos pais, a tódalas profes e a tódas cantas persoas se queiran achegar.
Durante este curso a nosa Biblioteca prestou 1972 libros.
Foi testigo de moitas representacións, de charlas, de contadores de historias, de busqueda de información, en difinitiva, de moitisimas actividades nas que puidemos APRENDER, SOÑAR E IMAXINAR
Agora pecha as súas portas durante o verán.
Lembrade que segue aberta a Biblioteca Municipal da que todas e todos sodes socias e socios.
É unha boa idea LER EN VACACIÓNS
Equipo de Biblioteca da EEI de Vilalba