viernes, 30 de enero de 2015

CANTAMOS Á PAZ

O noso agradecemento a Ana Fanego nai de Alejandro por compartir este día con nosoutros.


                                           

014

30 DE XANEIRO DIA DA PAZ

                                Bicos de Flores

Hai bicos de flores.
Hai flores de papel.
Hai flores como bicos.
Bicos con sabor a mel!

Son flores de bicos
Son bicos en flor.
Son bicos de flores
Flores de amor!

Hai bicos de cores.
Hai cores do amañecer.
Hai cores como bicos.
Bicos tenros de pracer!

Son bicos de aloumiños.
Son aloumiños do anoitecer.
Durmir arrolado por estrelas
Que fermoso é!


           "O libro dos bicos"
              Xosé luna Sanmartín








jueves, 29 de enero de 2015

BIBLIOTECA PÚBLICA DE LUGO

 

 INFORMACIÓN

Homenaxe a Castelao en Lugo

      En Lugo, a biblioteca pública convida a cidadanía a se achegar á vida e obra de Castelao a través dunha mostra bibliográfica que se poderá ver ata o 14 de febreiro. Ademais, o venres 30, ás 18 horas, convidará os máis novos a participar no obradoiro de ilustración ‘Mundos de papel’. Noemí López será a encargada de lles descubrir aos nenos e nenas de 4 a 12 anos enxeñosas técnicas para trasladar ao papel o imaxinario dunha historia. Para participar, cómpre inscribirse na sala infantil da biblioteca.

miércoles, 28 de enero de 2015

Unha data para non esquencer.

    Hoxe, 27 de xaneiro,  conmemórase o 70 aniversario da liberación do campo de concentración de Auschwitz e é tamén o Día internacional das Vítimas do Holocausto. En todo o mundo, Auschwitz converteuse nun símbolo do terror, de xenocidio e de Holocausto.
   As detencións en masa de polacos estaban a aumentar máis aló da capacidade das prisións "locais" existentes. Inicialmente, Auschwitz ía ser un campo máis de concentración do mesmo tipo que os nazis estiveran establecendo desde principios de 1930. Funcionaba así ao longo da súa apertura, mesmo cando, a partir de 1942, tamén se converteu no máis grande dos campos de exterminio.


    Libro recomendado  para dar a coñecer este feito histórico para as nenas e nenos de 5 anos en adiante.....




viernes, 9 de enero de 2015

XA ESTAMOS DE VOLTA

                                             Bo día e bo ano a todas e a todos!!

   Xa temos a nosa Biblioteca de novo aberta para todos vosoutros.

                         O día 11 de xaneiro é o día dos usuari@s de Bibliotecas. Estan programadas moitas actividades para estes días nas diferentes Bibliotecas de toda Galicia.



 Seguro que cerca de donde vives tes unha biblioteca que esta agardando por ti.