jueves, 20 de noviembre de 2014

BAILAMOS E CANTAMOS A CAROLINA...A saia da Carolina

A saia da Carolina
ten un lagarto pintado;
cando a Carolina baila,
o lagarto dalle ao rabo.

Bailache Carolina?
bailei, si señor
dime con quen bailaches.

Bailei co meu amor, bailei co meu amor.....

Un conto para igualdade.....





                                                                    

DE FESTA NO MAGOSTO


miércoles, 19 de noviembre de 2014

A FESTA DO MAGOSTO

   
 




Miña nai, doime a barriga.
Miña filla, confesión.
As castañas que comiche
¿de qué castiñeiro son?


A castaña no ourizo
quixo rir e reventou:
caendo castiro abaixo,
mira que golpe levou!


Castañas asadas
e viño con mel;
e a miña señora
detrás do tonel.


Non chas quero, non chas quero,
castañas do teu magosto.
Non chas quero, non chas quero,

que me saben ao chamosco


ALBA, MANOLO E FELIPE TOCAN E CANTAN...  NOSOUTROS BAILAMOS
     

domingo, 16 de noviembre de 2014

A ESMORGA

        O 21 de novembro estréase en todos os cines galegos a película A Esmorga, a agardada adaptación da obra de Eduardo Blanco Amor dirixida por Ignacio Villar.
          En  Vilalba  no auditorium o venres 21 de Novembro ás 20,30 e o domingo 23 ás 18,00 horas temos a oportunidade de asistir ao estreo desta película.