miércoles, 19 de febrero de 2014

INFORMACION DESDE A BIBLIOTECA PARA OS MAIORES DA CASA


24 de febreiro: Día de Rosalía

O 21 de febreiro celebrábase a instancias da UNESCO o Día Internacional da Lingua Materna), e o día 24 de Febreiro o DIA DE ROSALIA  homenaxear a esta escritora é fundamental para as nosas Letras.

A  Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, facilitanos a ligazón á segunda parte do vídeo "Todas con Rosalía", iniciado o ano pasado e promovido por esta Asociación.
    Un grupo de escritoras galegas quixo unirse para continuar dando vida a Rosalía nun novo vídeo colectivo no que teñen cabida palabras e músicas de mulleres, nenas, mozas e vellas. Mulleres falando de mulleres, e ao tempo, falando de todos e para todos nós, falando dos que aquí e agora sofren, seguindo o exemplo de conciencia e rebeldía da grande escritora ao recitar os seus versos desde o presente.

As gravacións amateurs foron montadas e editadas pola cineasta Raquel Rei. Participan, entre moitas outras, Marta Dacosta, María Canosa, Concha Blanco, Mercedes Leobalde, Berta Roca, Fina Casalderrey, Isabel Risco, Lorena Souto, Pilar García Negro, e tédelo dispoñíbel en:

https://www.youtube.com/watch?v=iiFgaEI3mgs

Agardamos que vos resulte interesante.

Bianfacuentos.com - Cuentos infantiles con humor

PINCHAR EN EL DIBUJO

Popularidad:
Idioma: español
Cuentos infantiles para grandes y niños de habla hispana, con humor, ilustrados a todo color y narrados oralmente. Para complementar los cuentos, cada uno tiene actividades sugeridas, ideales para que docentes, o madres y padres que quieran trabajar de manera original con estos textos.