viernes, 22 de marzo de 2013

ANIMACIÓN Á LECTURA

Onte na Biblioteca da nosa Escola  estivemos  con Pamela que veu contarnos o conto da "Gata e o Gato" e fixemos un mural entre todas e todos. Esta actividade foi feita con motivo do  DIA DA MULLER TRABALLADORA en colaboración co CIM de Vilalba (Centro de información á muller).


miércoles, 20 de marzo de 2013

22 DE MARZO DIA MUNDIAL DA AUGA

       
           
                                         REFRANS
  Chova ou non chova, pan ha haber de sobra.               
           
   A auga de abril enche o cano e o carril.                     
                                  
   Abril que non chove deixa o labrego pobre.

   Abril, para ser abril, ten que vir con augas mil.

   Auga de abril e xeada de maio herba para todo ano.

   Polo abril que veñan augas mil ou cantas queiran vir.

   En abril cada pingueira de auga vale por mil.

   De abril a abril volven as augas por onde adoitaban vir.

   Xeada na lama, auga na cama.

   Chova por abril e por maio e non chova en todo o ano.

   Auga miúda, vendaval que dura.

   Auga de mediodía, auga para todo o día.

   Auga de trebón nunha parte dá e noutra non.

   Auga enriba de auga non lixa nin lava.

   Cando chove, chove; cando neva, neva; cando chove e vai vento, mal tempo.

   Se o domingo chove arredor da misa, pola semana adiante verás que risa.

   Auga en outono, non lle convén ao xornaleiro nin ao seu dono.

   Bote Deus auga, que feito está onde caia.

   Cando chove e vai vento, pecha a porta e queda dentro.
  LECTURAS RECOMENDADAS PARA ESTE DIA :
O Home da auga
Un día de lluvia
Tres princesas namoradas                            
A Tartaruga que quería durmir
Cando chove
Chuzos de punta
Cantas pingas na cidade


martes, 19 de marzo de 2013

21 de MARZO DIA DA ÁRBORE

   Estamos estes días na Biblioteca  buscando información sobre as árbores. Aprendemos a importancia que teñen para a nosa vida e como as debemos coidar .



 
 
Grazas ao proxecto VOZ NATURA tivemos a oportunidade de escoitar a axentes do Seprona que nos viñeron a explicar como debemos coidar os bosques para evitar os incendios.
 
 
 
 
 
 
 

viernes, 15 de marzo de 2013

OS BICHOS DO NOSO PATIO

    
                                 ESTAMOS DECORANDO A ENTRADA DA BIBLIOTECA

miércoles, 13 de marzo de 2013

FERMOSA PAISAXE

      Queremos compartir con todas e todos esta fermosa paisaxe dende a ventá da nosa Escola.

lunes, 11 de marzo de 2013

CUMPREANOS FELIZ!!!

PINOCHO cumpre 130 anos.
 Aproveitamos á ocasión para ler ás nenas e nenos o  conto  clásico de Pinocho.


viernes, 8 de marzo de 2013

jueves, 7 de marzo de 2013

LIBROS RECOMENDADOS



8 DE MAIO: DIA INTERNACIONAL DA MULLER 
Títulos ‘en feminino’.
Os petos de Loreto
A galiña roxa
Grisela
Catarina, o oso e Pedro
Os tres bandidos
Amelia quere un can
O sorriso de Daniela
Orellas de bolboreta 
Bailar nas nubes
A gatiña Rosalinda
Letras nos cordóns
A coelliña Marcela
Libro das M’alicias
Rosa Caramelo
A galiña vermella

miércoles, 6 de marzo de 2013

8 DE MARZO DIA INTERNACIONAL DAS MULLERES



      O 8 de Marzo celébrase o día da muller traballadora. Este día foi instaurado en 1917 por Nacións Unidas e según a versión máis extendida, conmemora os sucesos ocurridos en 1908 en Nova Iork, cando un grupo de costureiras industriais se declararon en folga para protestar polas súas condicións laborais pedindo aumento dos salarios e a reducción da xornada laboral. Durante esta folga 129 mulleres morreron queimadas nun incendio na fábrica Cotton Textile Factory, provocado polos donos da fábrica.

        Para celebrar este día desde a Biblioteca da nosa Escola, temos programadas diferentes actividades. Imos ter Contacontos e en colaboración co CIM (Centro de información á muller) do Concello de Vilaba teremos unha animadora á lectura que vainos contar  unha historia sobre gatas e gatos e  faremos un mural entre todas e todos.

MULLERES GAÑADORAS DO PREMIO NOBEL

    O Premio Nobel é outorgado anualmente pola Real Academia Sueca das Ciencias, A Academia Sueca, O Instituto Karolinska e o Comité Moruego del Nobel conceden o premio ás persoas que fan contribucións sobresaintes nos campos da Química, Física, Literatura, Paz, Fisioloxía ou Mediciña e Economía. 

     Entre as mulleres gañadoras do Premio Nobel está Madam Curie que gañou o de Física  en 1903 xunto so seu marido.É a única muller que ganou o  Nobel en máis dunha ocasión, xa que en 1911 ganou o de Química. A súa filla Irène JOliot- Curie, ganou o de Química en 1935.

   Doce mulleres gañaron o Premio Nobel da Paz, doce o de Literatura, dez o de Fisioloxía ou Mediciña, catro o de Química, duas o de Física e so unha muller o de Economía. Como curiosidade sinalar que 2009 foi o ano en que resultaron gañadoras do premio  un total de cinco mulleres.

 ALGUNHAS MULLERES CIENTÍFICAS

 HIPATIA.
Filósofa neoplatónica destaca en matemáticas e astronomía.

 MARIE CURIE.
Investigadora da radioactividade.
 JANE GOODALL.
Primatóloga, estudiou o uso de ferramentas  nos chimpancés.
 ROSALIND FRANKLIN.
Biofísica crucial para o coñecemento do ADN.

martes, 5 de marzo de 2013

CONTACONTOS

                             Hoxe tivemos ocasión de disfrutar dun encontro con Pepe Maestro.

 
Pepe Maestro, é licenciado en Filoloxía Hispánica, profesor,escritor de narrativa e teatro,educador ambiental, titiriteiro e contador de contos.