miércoles, 27 de noviembre de 2013

MERCADIÑO DE LIBROS

                                 REDE DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
                  BIBLIOTECA DA ESCOLA DE EDUCACION INFANTIL DE VILALBA
   



                     Eu teño un libro que ti queres...e ti tes outro que quero eu

  

 Imos empezar co  I MERCADIÑO DE  LIBROS USADOS da nosa Escola.
 Durante tres días estivemos recollendo libros que, voluntariamente,  foi entregando o alumnado e as súas familias á escola. Agora, na proxima semana, imos  facer o intercambio. Cada un dos nenos/as que trouxeron libro levarán para a súa casa  outro que aportou  un compañeiro ou compañeira .
            Iremosvos  informando 

      


                       
                     

martes, 26 de noviembre de 2013

O MAGOSTO

 
22 de NOVEMBRO
Recomendamos para todos e todas este libro que temos na Biblioteca.
O MAGOSTO da Editorial Galaxia
 
 
 

O 22 de Novembro a nosa Escola celebrou o magosto.  Comemos castañas ata fartar  e cansamos   de bailar grazas a Alba,  Felipe e Manuel que tocaron para animar a festa. Desde o noso Blog agradecemos a súa desinteresada colaboración .

miércoles, 20 de noviembre de 2013

OS DEREITOS DOS NENOS E NENAS

Día Universal do NENO: 20 de novembro.

 Hai moito tempo, despois da primeira Guerra Mundial, unha señora inglesa Egantyne Jebb, á que encantabanlle os nenos e nenas, creou uunha orgaización no seu país para axudarlles.Pensou que deberían ter uns dereitos e viaxou ata Xinebra para contarllo ao Presidente da Cruz  Vermella, que era Gustav Ader.



Alí crearon a "Unión Internacional de Socorro a los Niños",  conseguiu que as Nacions Unidas se reunieran outra vez e  pensaran todas xuntas cales eran as cousas que necesitaban os nenos e nenas.

 Despois de moito traballo  lograron que no 1959 aprobaran a "Declaración dos Dereitos do Neno" na que se recollen os dez dereitos ou principios.

Artigo
Dereito
Artigo 1
Non discriminación por motivos de raza, cor, sexo, idioma, relixión, opinión, políticas ou de outra índole, orixe nacional ou social, posición económica, nacemento ou outra condición
Artigo 2
O neno gozará dunha protección especial
Artigo 3
Dereito ao nome e á nacionalidade desde o nacemento
Artigo 4
Dereito aos beneficios da Seguridade Social
Artigo 5
Os nenos impedidos física ou mentalmente recibirán os coidados e axudas que precisen
Artigo 6
O neno precisa amor e comprensión, e non debe ser alonxado da súa nai, salvo circunstancias excepcionais
Artigo 7
Dereito á educación gratuita e obligatoria nas etapas elementais
Artigo 8
Prioridade do neno en obter protección e socorro
Artigo 9
Protección contra toda forma de crueldade, abandono e explotación.
Artigo 10
Protección contra a discriminación racial, relixiosa ou doutra índole.

miércoles, 13 de noviembre de 2013

                    25 NOVEMBRO DIA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


                                                     
 Contos recomendados desde a Nosa Biblioteca para traballar a igualdade

Arturo e Clementina
O Segredo de Flor
Rosa Clara
O país dos Mandóns
Un papá  a la medida
El principe Ceniciento
Hay algo mas aburrido que una Princesa Rosa
Don Caballito de Mar

viernes, 8 de noviembre de 2013

SUSA HERRERA NA NOSA BIBLIOTECA


     
                          

                                SUSA HERRERA VISITA VILALBA

Ola amiguiños e amiguiñas!!!!
Estamos de sorte!!! O luns temos unha sorpresa.... Ven a facernos unha visita a escritora e compositora Susa Herrera.


                        ...  E CHEGOU O LUNS