martes, 21 de mayo de 2013

A NOSA BIBLIOTECA

    Temos moitos libros novos na nosa Biblioteca e POR FIN! xa temos mesas. Aí tedes unha foto.
  

ROBERTO VIDAL BOLAÑO

Na Escola coas profes aprendimos moitascousas sobre o personaxe das Letras Galegas deste ano.

miércoles, 15 de mayo de 2013

18 de MAIO DIA INTERNACIONAL DOS MUSEOS


  O Día 18 de Maio é o día internacional dos museos. É un bo día para facer algunha visita  a un Museo. Nosoutros en Vilalba temos o  MUSEO ARQUEOLOXICO  que é moi interesante.
  Podemos aproveitar para visitar o Museo de Lugo e o Museo do Castro de Viladonga.  RECORDADE este fin de semana  van ter as portas abertas e de balde.


Ven bailar Carmiña ..............

   Bailamos , Cantamos , Xogamos, Falamos e Lemos ......en GALEGO

sábado, 11 de mayo de 2013

17 DE MAIO DIA DAS LETRAS GALEGAS

                ESTA SEMANA IMOS CELEBRAR O DIA DAS LETRAS GALEGAS!!

O 17 DE MAIO É UNHA DATA MOI IMPORTANTE PARA GALICIA, A SUA LINGUA E A SUA CULTURA . ESTE ANO IMONOS  ACHEGAR Á OBRA DE ROBERTO VIDAL BOLAÑO.
                                      








Roberto Vidal Bolaño naceu en Santiago de Compostela en 1950 e faleceu na mesma cidade en 2002. Formou parte do denominado "Grupo Abrente" que, a partir da década dos 70, renovou e actualizou tanto a escrita como as representacións dramáticas galegas. Todas as súas actividades xiraron sempre, e en exclusiva, arredor do teatro: desde a creación do "Grupo Antroido", en 1975, até a súa compañía actual "Teatro do Aquí", pasando pola breve experiencia da cooperativa "Teatro do Estaribel". En 1978 deu o paso definitivo que levou ás xentes do teatro galego a se transformaren en profisionais, superando de vez a pantasma de "amador" que pairara sempre sobre a historia do noso teatro.
     A súa produción está caracterizada polo compromiso co país e a lingua, a experimentación estética, e o diálogo coa tradición, tanto culta como popular, literaria e histórica, social e política. O feito de que Vidal Bolaño escribise para a súa compañía, coa urxencia que esixe a obrigada estrea anual e a atención dedicada ao texto espectacular, non empeceu en absoluto a calidade literaria dos seus textos dramáticos, nos que as resonancias de Otero Pedrayo e Valle Inclán se transforman en esmaltes que enriquecen a súa literatura e agasallan ao lector.
     A pesar de que xa nas décadas dos setenta e oitenta lograra diversos premios ("Abrente", "O Facho" e "Ciudad de Valladolid"), como aconteceu con outros integrantes do "Grupo Abrente", o recoñecemento artístico de Vidal Bolaño non se produciu até os anos noventa, cando a obtención de premios institucionais, galegos e portugueses ("Rafael Dieste", "Alvaro Cunqueiro", "Xacobeo 92", "Eixo Atlántico", "María Casares"...), normalizou tanto a publicación das súas obras como o seu coñecemento por parte da prensa e, en consequencia, do público.
     A súa forte personalidade deixou unha profunda pegada nos dramaturgos máis novos, cuxas consecuencias se verán co trancorrer do tempo.