Onte na Biblioteca da nosa Escola estivemos con Pamela que veu contarnos o conto da "Gata e o Gato" e fixemos un mural entre todas e todos. Esta actividade foi feita con motivo do DIA DA MULLER TRABALLADORA en colaboración co CIM de Vilalba (Centro de información á muller).
viernes, 22 de marzo de 2013
miércoles, 20 de marzo de 2013
22 DE MARZO DIA MUNDIAL DA AUGA
REFRANS
Chova ou non chova, pan ha haber de
sobra.
A
auga de abril enche o cano e o carril.
Abril que non chove deixa
o labrego pobre.
Abril, para ser abril, ten
que vir con augas mil.
Auga de abril e xeada de
maio herba para todo ano.
Polo abril que veñan augas
mil ou cantas queiran vir.
En abril cada pingueira de
auga vale por mil.
De
abril a abril volven as augas por onde adoitaban vir.
Xeada
na lama, auga na cama.
Chova
por abril e por maio e non chova en todo o ano.
Auga
miúda, vendaval que dura.
Auga
de mediodía, auga para todo o día.
Auga
de trebón nunha parte dá e noutra non.
Auga
enriba de auga non lixa nin lava.
Cando
chove, chove; cando neva, neva; cando chove e vai vento, mal tempo.
Se
o domingo chove arredor da misa, pola semana adiante verás que risa.
Auga
en outono, non lle convén ao xornaleiro nin ao seu dono.
Bote
Deus auga, que feito está onde caia.
Cando
chove e vai vento, pecha a porta e queda dentro.
LECTURAS RECOMENDADAS PARA ESTE DIA :
O Home da auga
Un día de lluvia
Tres princesas namoradas
A Tartaruga que quería durmir
Cando chove
Chuzos de punta
Cantas pingas na cidade
martes, 19 de marzo de 2013
21 de MARZO DIA DA ÁRBORE
Estamos estes días na Biblioteca buscando información sobre as árbores. Aprendemos a importancia que teñen para a nosa vida e como as debemos coidar .
Grazas ao proxecto VOZ NATURA tivemos a oportunidade de escoitar a axentes do Seprona que nos viñeron a explicar como debemos coidar os bosques para evitar os incendios.
viernes, 15 de marzo de 2013
miércoles, 13 de marzo de 2013
lunes, 11 de marzo de 2013
CUMPREANOS FELIZ!!!
viernes, 8 de marzo de 2013
CONTO PARA IGUALDADE
8 DE MARZO DIA DA MULLER TRABALLADORA
CUENTO: UNA FELIZ CATASTROFE A escritora Adela Turín nos sorprende con este conto que nos axuda a reflexionar sobre a desigualdade http://www.ducotedesfilles.org/es/anims/flashdeluge.html
jueves, 7 de marzo de 2013
LIBROS RECOMENDADOS
8 DE MAIO: DIA INTERNACIONAL DA MULLER
Títulos ‘en feminino’.
Os petos de Loreto
A galiña roxa
Grisela
Catarina, o oso e Pedro
Os tres bandidos
Amelia quere un can
O sorriso de Daniela
Orellas de bolboreta
Bailar nas nubes
A gatiña Rosalinda
Letras nos cordóns
A coelliña Marcela
Libro das M’alicias
Rosa Caramelo
A galiña vermella
miércoles, 6 de marzo de 2013
8 DE MARZO DIA INTERNACIONAL DAS MULLERES
O 8 de Marzo celébrase o día da muller traballadora. Este día foi instaurado en 1917 por Nacións Unidas e según a versión máis extendida, conmemora os sucesos ocurridos en 1908 en Nova Iork, cando un grupo de costureiras industriais se declararon en folga para protestar polas súas condicións laborais pedindo aumento dos salarios e a reducción da xornada laboral. Durante esta folga 129 mulleres morreron queimadas nun incendio na fábrica Cotton Textile Factory, provocado polos donos da fábrica.
Para celebrar este día desde a Biblioteca da nosa Escola, temos programadas diferentes actividades. Imos ter Contacontos e en colaboración co CIM (Centro de información á muller) do Concello de Vilaba teremos unha animadora á lectura que vainos contar unha historia sobre gatas e gatos e faremos un mural entre todas e todos.
MULLERES GAÑADORAS DO PREMIO NOBEL
O Premio Nobel é outorgado anualmente pola Real Academia Sueca das Ciencias, A Academia Sueca, O Instituto Karolinska e o Comité Moruego del Nobel conceden o premio ás persoas que fan contribucións sobresaintes nos campos da Química, Física, Literatura, Paz, Fisioloxía ou Mediciña e Economía.
Entre as mulleres gañadoras do Premio Nobel está Madam Curie que gañou o de Física en 1903 xunto so seu marido.É a única muller que ganou o Nobel en máis dunha ocasión, xa que en 1911 ganou o de Química. A súa filla Irène JOliot- Curie, ganou o de Química en 1935.
Doce mulleres gañaron o Premio Nobel da Paz, doce o de Literatura, dez o de Fisioloxía ou Mediciña, catro o de Química, duas o de Física e so unha muller o de Economía. Como curiosidade sinalar que 2009 foi o ano en que resultaron gañadoras do premio un total de cinco mulleres.
ALGUNHAS MULLERES CIENTÍFICAS
Filósofa neoplatónica destaca en matemáticas e astronomía.
MARIE CURIE.
Investigadora da radioactividade.
JANE GOODALL.
Primatóloga, estudiou o uso de ferramentas nos chimpancés.
ROSALIND FRANKLIN.
Biofísica crucial para o coñecemento do ADN.
martes, 5 de marzo de 2013
CONTACONTOS
Hoxe tivemos ocasión de disfrutar dun encontro con Pepe Maestro.
Pepe Maestro, é licenciado en Filoloxía Hispánica, profesor,escritor de narrativa e teatro,educador ambiental, titiriteiro e contador de contos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)