jueves, 28 de febrero de 2013

BICHOS BOLA E XOANIÑAS

Mónica lendo un conto para todos e todas

Mónica contandonos cousas dos bichos bola e das xoaniñas



    Continuamos, hoxe, coas charlas  dos bichos do noso patio. Mónica a mamá de Irene Sández  da clase da profe Mª José é veterinaria e visitounos hoxe. Trouxonos un bicho bola e unha xoaniña  que fixo na súa casa para poder xogar con eles. Leeunos contos, xogamos ás adiviñas e ensinounos unha cantiga. Foi moi divertido



             

martes, 26 de febrero de 2013

MOCHILAS VIAXEIRAS

         Dende o mes de febreiro as Mochilas Viaxeiras estan  percorrendo as casas dos nenos e nenas da nosa Escola,. Dentro da mochila  viaxa un libro divulgativo, un libro de entretemento, un DVD, unha revista de artigos de interese para as mamás e os papás  e un libriño viaxeiro para que a familia ou o neno ou a nena poda  escribir, debuxar...etc en difinitiva, expresar a súa opinón sobre o material que leva a mochila..Cada semana a mochila viaxa a unha casa e pouco a pouco ira percorrendoas todas.
  FAMILIAS, DAMOSVOS AS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.

OS LIBROS VAN E VEÑEN



         Nas bolsas de Biblioteca, os nenos e nenas da nosa Escola, levan os libros para as súas casas semanalmente. Xunto ós libros, dentro da bolsa, viaxa unha pequena libretiña  para que poidan plasmar nela as súas opinións sobre os libros . Desta maneira axudanos a coñecer cales son os seus gustos  no momento de escoller un libro. A esta libretiña ímola chamar dende agora o LIBRO DOS LIBROS que ímos lendo a diario




lunes, 25 de febrero de 2013

LEMBRAMOS A ROSALIA DE CASTRO





RECITADO DE POEMAS,REPRESENTACIÓNS DE FRAGMENTOS DA SÚA OBRA, DEBUXOS E AUDICIÓNS MUSICAIS DO SEUS POEMAS FORON NESTE DÍA OS PROTAGONISTAS DA NOSA ESCOLA

                                                                                                    

viernes, 22 de febrero de 2013

24 de febreiro, Día de Rosalía de Castro (2013)


                                                                                ROSALIA DE CASTRO


Eu ben vin estar o moucho
enriba daquel penedo.
¡Non che teño medo, moucho;    
moucho, non che teño medo!
A Celebración do aniversario de Rosalía de Castro, o día 24 de febreiro, é unha data sinalada para o noso país. Este ano cúmprense os 150 anos da publicación de "Cantares Gallegos", libro fundamental para as xentes, a lingua e a cultura de Galicia. A Biblioteca da nosa Escola xunto ás bibliotecas escolares galegas súmanse a esta celebración.

OS CARACOIS



Escoitando a Pepe mentras fala dos caracois

Probamos mel e pole
   Hoxe volveu Pepe o papá de Icía e de Roi a contarnos cousas, esta vez, dos caracois. Tamén falounos doutro animal moi importante, as abellas , probamos pole e mel. Agora coas nosas profes e con todo o que estamos aprendendo, imos continuar co noso proxecto.

jueves, 21 de febrero de 2013

AS ABELLAS

PROBAMOS MEL E POLE


 Pepe o papá de Icía e de Roi da clase de 4 anos da profe Lina , estivo na nosa Escola, para contarnos moitas cousas da vida das abellas . Mañá vai vir para contarnos cousas dos caracois. Que sorte!

miércoles, 20 de febrero de 2013

KAMISHIBAI

 Kamishibai é unha palabra xaponesa, quere decir, " TEATRO DE PAPEL" é unha maneira popular de contar contos en Xapón dende hai moitos séculos.

martes, 19 de febrero de 2013

COPÉRNICO

APROVEITAMOS OS 540 ANOS DO NACEMENTO DE COPERNICO PARA PROXECTAR NA BIBLIOTECA O DVD "Ceo e Cosmos"da colección  dos Hoobs"La Aventura de Aprender".

                     

SOMOS CONTACONTOS

 
 
A CASA DE PEDRO
 

       Os nenos e nenas de 5 anos estivemos traballando un conto que escollemos da Biblioteca para   poder contar a outros nenos e nenas.

viernes, 15 de febrero de 2013

APRENDEMOS COUSAS DOS BICHOS

                                                   FORMIGAS E MIÑOCAS



       Estamos traballando no proxecto "Os bichos do noso patio"e  hoxe tocoulle o turno ás formigas e ás miñocas.Contamos coa colaboración de Roberto Rañal o papá de Martín da clase de 5 anos de Carmen. Roberto é veterinario por eso soubo  contarnos moitisimas cousas que descoñeciamos.
     

jueves, 7 de febrero de 2013

MARCA PÁXINAS PARA AS LECTURAS DE ENTROIDO


NESTAS VACACIÓNS DE ENTROIDO XA PODES LER E AXUDAR A MAMÁ E A PAPÁ A  COCIÑAR

 INFORMACIÓN SOBRE O PILIQUEIRO DE LAZA-OURENSE
A máscara vai coa cabeza cuberta con carauta de madeira pintada de cores rechamantes, que se prolonga nunha especie de mitra de metal cun motivo zodárico (león, lobo, boi). Detrás leva unha pelica de can, noutro tempo de gato montés, raposo ou lobo. Desta pelica venlle o nome de peliqueiro que se lle dá en Laza.
O traxe está composto por unha camisola branca, gravata e unha chaquetiña curta da que colgan flocos dourados que van atados con lazos de tres cores. Sobor dos ombreiros vai un pano despurundado á chaqueta.
Unha gran faixa vermella envolta á cintura suxeita o pantalón, quizais a parte máis traballosa do traxe. Enriba da faixa vai o cinturón do que colgan as chocas. As pernas do cigarrón van cubertas con medias brancas e ligas. Zapatos mouros e un mallo na man completan o atuendo deste personaxe típico do entroido de Laza.