jueves, 19 de diciembre de 2013

UN LIBRO PARA NADAL

      Pensamos que o Nadal é bo tempo para compartir un conto cos pequenos da casa. Por eso cremos, que é unha boa idea, que Papá Noel e os Reis Magos pasen pola librería para mercar un contiño para despois deixar na árbore das nosas casas.
  

DESDE O EQUIPO DA BIBLIOTECA BO NADAL E ATA A VOLTA

martes, 17 de diciembre de 2013

O APALPADOR

                                                     Libros para este tempo de Nadal                           

                                                    OS CONTOS DO APALPADOR


 

jueves, 5 de diciembre de 2013

MERCADIÑO DE LIBROS

             Hoxe 5 de Decembro comenzamos o 
              I  MERCADIÑO DE LIBROS
                                                          Entrada ao noso MERCADIÑO
                                
                                       

                                    Ana  a mamá de Alejandra Quintela axudando no mercadiño.
 

miércoles, 27 de noviembre de 2013

MERCADIÑO DE LIBROS

                                 REDE DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
                  BIBLIOTECA DA ESCOLA DE EDUCACION INFANTIL DE VILALBA
   



                     Eu teño un libro que ti queres...e ti tes outro que quero eu

  

 Imos empezar co  I MERCADIÑO DE  LIBROS USADOS da nosa Escola.
 Durante tres días estivemos recollendo libros que, voluntariamente,  foi entregando o alumnado e as súas familias á escola. Agora, na proxima semana, imos  facer o intercambio. Cada un dos nenos/as que trouxeron libro levarán para a súa casa  outro que aportou  un compañeiro ou compañeira .
            Iremosvos  informando 

      


                       
                     

martes, 26 de noviembre de 2013

O MAGOSTO

 
22 de NOVEMBRO
Recomendamos para todos e todas este libro que temos na Biblioteca.
O MAGOSTO da Editorial Galaxia
 
 
 

O 22 de Novembro a nosa Escola celebrou o magosto.  Comemos castañas ata fartar  e cansamos   de bailar grazas a Alba,  Felipe e Manuel que tocaron para animar a festa. Desde o noso Blog agradecemos a súa desinteresada colaboración .

miércoles, 20 de noviembre de 2013

OS DEREITOS DOS NENOS E NENAS

Día Universal do NENO: 20 de novembro.

 Hai moito tempo, despois da primeira Guerra Mundial, unha señora inglesa Egantyne Jebb, á que encantabanlle os nenos e nenas, creou uunha orgaización no seu país para axudarlles.Pensou que deberían ter uns dereitos e viaxou ata Xinebra para contarllo ao Presidente da Cruz  Vermella, que era Gustav Ader.



Alí crearon a "Unión Internacional de Socorro a los Niños",  conseguiu que as Nacions Unidas se reunieran outra vez e  pensaran todas xuntas cales eran as cousas que necesitaban os nenos e nenas.

 Despois de moito traballo  lograron que no 1959 aprobaran a "Declaración dos Dereitos do Neno" na que se recollen os dez dereitos ou principios.

Artigo
Dereito
Artigo 1
Non discriminación por motivos de raza, cor, sexo, idioma, relixión, opinión, políticas ou de outra índole, orixe nacional ou social, posición económica, nacemento ou outra condición
Artigo 2
O neno gozará dunha protección especial
Artigo 3
Dereito ao nome e á nacionalidade desde o nacemento
Artigo 4
Dereito aos beneficios da Seguridade Social
Artigo 5
Os nenos impedidos física ou mentalmente recibirán os coidados e axudas que precisen
Artigo 6
O neno precisa amor e comprensión, e non debe ser alonxado da súa nai, salvo circunstancias excepcionais
Artigo 7
Dereito á educación gratuita e obligatoria nas etapas elementais
Artigo 8
Prioridade do neno en obter protección e socorro
Artigo 9
Protección contra toda forma de crueldade, abandono e explotación.
Artigo 10
Protección contra a discriminación racial, relixiosa ou doutra índole.

miércoles, 13 de noviembre de 2013

                    25 NOVEMBRO DIA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


                                                     
 Contos recomendados desde a Nosa Biblioteca para traballar a igualdade

Arturo e Clementina
O Segredo de Flor
Rosa Clara
O país dos Mandóns
Un papá  a la medida
El principe Ceniciento
Hay algo mas aburrido que una Princesa Rosa
Don Caballito de Mar

viernes, 8 de noviembre de 2013

SUSA HERRERA NA NOSA BIBLIOTECA


     
                          

                                SUSA HERRERA VISITA VILALBA

Ola amiguiños e amiguiñas!!!!
Estamos de sorte!!! O luns temos unha sorpresa.... Ven a facernos unha visita a escritora e compositora Susa Herrera.


                        ...  E CHEGOU O LUNS 

 

martes, 29 de octubre de 2013

A NOSA BIBLIOTECA E O SAMAIN

Desde a Biblioteca da nosa Escola  convidouse  ás familias e ao noso alumnado a participar nunha exposición de Cabazas decoradas  para festexar o SAMAIN.



               Como vedes o rsultado é fabuloso. O noso agradecemento a tódolos participantes.

viernes, 25 de octubre de 2013

LIBROS PARA OS MAIORES

Desde a Biblioteca da nosa Escola queremos poñer a vosa disposición un servizo de descarga de libros  que ofrece a Rede Municipal de Bibliotecas de Sevilla. Son 3001 libros libres de dereitos par descargar de balde. So tes que arrastrar o libro que desexes  ata o cadro da cor azul da esquerda e descargarase no teu equipo en formato comprimido "Zip"

http://www.rmbs.es/catalogo.php.

martes, 22 de octubre de 2013

CARTA PARA LAS MAMÁS Y LOS PAPÁS

 LA IMPORTANCIA DE LEER UN CUENTO...

             CONFESIONES DE UN PADRE

Porque les cuento cuentos a mis hijos por las noches. Confesiones de un padre egoísta

JuanaMartínezNeal_reading
El detonante por el que Carl Honoré despertó de su calvario y escribió su aclamado ensayo “Elogio de la lentitud”, fue el descubrir que leerle cuentos a su hijo antes de dormir era una actividad que le incomodaba, para la que nunca encontraba tiempo. El día en el que se alegró al descubrir una colección de cuentos infantiles para leer en un minuto, se dio cuenta de que había tocado fondo; su vida se le estaba escapando de las manos.
Si buscamos información sobre la importancia de leer cuentos a los niños desde que son pequeños, pronto nos veremos abrumados por las evidencias, por los infinitos motivos que lo aconsejan. Seguramente te pasará como a mí. Te puedes sentir mal por no haber reflexionado jamás ni en un ínfimo porcentaje de ellos. Jack Horner, un eminente paleontólogo experto en dinosaurios, en una reciente conferencia, hablaba sobre los motivos por los que vale la pena investigar para volver a traer al mundo a esos reptiles extintos. Esgrimió un poderoso argumento: “Sobre todo porque me haría ilusión a mí”.
Y eso es lo que voy hacer yo aquí. Hablar de mi experiencia quizás para entenderme, quizás para darle algo de solemnidad a algo tan cotidiano y excepcional al mismo tiempo o simplemente porque me hace ilusión. Voy a intentar hacer una pequeña lista de motivos por los que leo, cuento, recito y comparto cuentos, poemas y canciones con mis hijos cada noche.
  1. Porque al hacerlo siento como si estuviera construyéndoles una cabaña donde guarecerse; una relajante sensación de que, en un modo que no controlo, les protejo.
  2. Porque el tiempo se detiene. Es un momento mágico en el que todo es posible. En el que siempre estaremos vivos, en el que siempre serán inocentes. Un espacio y un tiempo para ser inmortales.
  3. Porque es un momento íntimo y tranquilo. Todo se acalla, se relaja. El caos se ordena según nuestras normas, tengan o no sentido.
  4. Porque leo cosas que seguramente no leería si no fuera para ellos y me estaría perdiendo auténticas joyas.
  5. Porque compartir esos mundos y aventuras, me ayudan a soñar, a imaginar, a levantarme, a reír…a fin de cuentas, a vivir.
  6. Porque me siento querido y necesitado.
  7. Porque necesito que se sientan queridos y que sepan que les necesito a mi lado.

viernes, 4 de octubre de 2013

OUTONO NA ESCOLA

Cabazas do Samaín

  E Tempo de Outono, e tempo de Samaín

Chega o outono e con él as castañas, as caveiras de melón, os calacús, as abóboras; chegan as augas e os tempos escuros, remata o verán e encétase o inverno, vaise a calor e vén o frío: acaban as romarías ao sol e inícianse os fiadeiros a carón do lume: son os tempos de Samaín.

 

Cabazas do Samaín
Samaín, palabra gaélica, non significa máis que fin do verán, principio do inverno. Na antiga cultura céltica o tempo de Samaín, especialmente a noite do 31 de outubro ao 1 e novembro, era o período máis importante do ano. Eran datas claves para se reunir nos camposantos, comer o ritual e comunal porco de samaín e concelebrar as farradas festeiras dos guerreiros. Era a noite máis perigosa do ano: as portas do outromundo abríanse nesas horas e as ánimas eran quen de vir visitar este mundo e aos seus moradores: tantas veces para render contas inacabadas.
Para afastar dos seus castros as perigosas ánimas defuntas e errantes adoitaban poñer no alto das muradas, ou encastradas nas paredes, as caveiras iluminadas dos inimigos mortos en campaña. De aquí, dos ritos e crenzas célticas ao redor da caveira, vén a tradición europea de facer caliveras na cortiza dos melóns, oucabazos, ou calabazotes. Tradición que, grazas ás investigacións do profesor galego Lopez Loureiro, sabemos que se estende por toda a antiga xeografía céltica europea e concretamente para o caso de España, por todas as zonas con presencia do elemento céltico ben documentado. En Galiza atopámola en toda a súa xeografía, non faltando esta tradición en ningunha das súas bisbarras e aportando un folclore similar aínda que dándolles nomes diferentes: calacús polas Rías Baixas, caveirasde melón en Cedeira, calabazotes en Ortigueira, colondros en Ourense...etc.

 

O Samaín é o antecedente europeo do Halloweenamericano. Tradición de orixe europeo foi levada polos emigrantes a terras americanas e de alí transmutouse nuncarnaval outonal.
É unha tradición aínda hoxe presente en numerosas pedanías rurais das comunidades do norte e centro da Península Ibérica: Galiza, Asturias, Aragón, Cantabria, Castela-León, Madrid, Cuenca, Guadalajara..etc.

 

... dende hai xa dezasete anos na vila de Cedeira celébrase a Festa de Samaín?
... en Chubut, Arxentina, as comunidades galesas e galegas celebran conxuntamente esta tradición ?
... ao día de hoxe varias localidades francesas están a iniciar tamén as súas Festas de Samaín, para contrapoñelas ao Halloween?
... certas comunidades progresistas de EEUU están celebrando estas datas co nome de Samaín e non Halloween?
... fomos nós, os galegos, os primeiros europeos que erguemos a idea de Samaín para facerlle fronte á alienante moda do Halloween?

viernes, 13 de septiembre de 2013

CURSO 2013/2014

              OLA! BENVIDOS AO NOSO BLOG

                                  XA ESTAMOS CON TODAS E TODOS UN ANO MAIS

                                                           UN SAUDO E BO CURSO

lunes, 17 de junio de 2013

IMONOS DE VACACIÓNS

                                   A Biblioteca da nosa Escola vaise de vacacións.

Recordade que durante todo o verán tedes a vosa disposición a Biblioteca Municipal, alí tedes ao voso alcance  libros para toda a FAMILIA,  que vos van permitir vivir moitas aventuras.
               PARA VIAXAR LONXE, NON HAI MELLOR NAVE CA UN LIBRO




martes, 4 de junio de 2013

DIA 5 DE XUÑO DIA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

 





    ...RECOMENDAMOS ESTE LIBRO (Biblioteca da E.E.I.de Vilalba)

Árbores no camiño traslada unha vez máis á literatura infantil a facilidade coa que pode perderse un neno apenas se separan da man dos seus pais. No entanto, se noutros contos o pequeno se atopa nun territorio hostil ou tenebroso, nesta historia a nai natureza, poderosa e bela, protexe e coida a Karim como un máis dos seus fillos