jueves, 20 de diciembre de 2012
Carta aos pais polo Nadal
PARA ESTE NADAL
“O MELLOR AGASALLO, UN LIBRO”
Dende o Equipo de Biblioteca da nosa Escola queremos
recomendar ás familias que un dos
agasallos que reciban os nenos e nenas este Nadal sexa un libro, para fomentar
así o gusto pola lectura.
“ Deixar que os nenos e nenas folleen,
investiguen, se recreen mirando as ilustracións dos libros…..é unha estupenda
maneira de comezar a amar a lectura”.
O EQUIPO DE BIBLIOTECA DA ESCOLA DE EDUCACIÓN INFANTIL.
jueves, 13 de diciembre de 2012
Horario e título do proxecto
HORARIO BIBLIOTECA
A nosa Biblioteca está aberta tódolos días durante o horario escolar e o martes de 5 a 6 da tarde.
PROXECTO DE BIBLIOTECA PARA O CURSO 2012/2013
"OS BICHOS DO NOSO PATIO"
ABELLAS-XOANIÑAS-BICHOS BOLA-CARACOIS-MIÑOCAS-FORMIGAS

O outono
O OUTONO
Durante este tempo de outono desde a nosa biblioteca buscamos información nos libros e en internet sobre as árbores, as follas, as froitas, os cogomelos, as setas ....para traballar nas nosas aulas. Tamén os libros nos serviron de entretemento,pois a maga do outono deunos información sobre aqueles que podían ser más interesantes para esta época do ano.

Dúas fotos da nosa biblioteca
CREAMOS UN BLOG
Ola a todos e todas. Acabamos de crear o noso BLOG. Así que, xa sabedes, a partir de hoxe intentaremos ir amosando un pouquiño do traballo dos nenos e nenas e de todas nosoutras que estamos encantadas de estar neste proxecto onde a BIBLIOTECA é unha enorme caixa chea de MAXIA, FANTASIA E ILUSIÓN.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)